Saltar al contenido
Portada » A Palavra Encarnada, Avril 2022 Ferrol

A Palavra Encarnada, Avril 2022 Ferrol

Baixo o nome de «A PALAVRA ENCARNADA» NO NOSO INFINITO E VERMELHO AVRIL, convocamos, para que a cidade de Ferrol non perda o colleitado coa poesía salvaxe, os días 22 e 23 do citado mes, a poetas que fagan voar os versos, os poemas, e desdobra a cidade dos guindastres en extinción.

PROGRAMA:

VENRES, 22 DE AVRIL,

ás 17,30h no KIOSKO do Cantón de Molins: recitado e lectura de poemas de combate, en homenaxe ao 50 Aniversario do 10 de Marzo.

COLECTIVO MORAIMA, e os poetas, Antón Cortizas, QUICO CADAVAL, Xosé M. Alvarez Caccámo, Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti, Manolo Bacalhao, Eugenia Sanmartin…

Ás 18,30h no ATENEO FERROLÁN:

(MARIA LADO e LUCÍA ALDAO, CARLOS SANTIAGO  e SOL MARIÑO, todos con libros recén editados, fresquiños ou palpitantes inéditos

Ás 22,30h no MANCHITACOSA, lembrando ao CAFÉ  VOLTAIRE. Aquí nos encontraremos todas con todas, DADAndolo todo, palavra sen ley

SÁBADO, 23 de AVRIL,

Ás 12,30h no CENTRO CÍVICO DE CANIDO:

Presentado por EUGENIA SANMARTÍN

1º CAIXA BAIXA Victor M. DIEZ

2º PARECÍA (OLAIA PAZOS)

3° SOL MARIÑO

Ás 15h Á táboa os poetas e os seus poemas mais comestibles.

XOSÉ M. ALVAREZ CÁCCAMO

Ás 17,30h MAREANDO VERSOS (na lancha de Mugardos pola Ria)

E ao longo dos dous días os poemas serán voados polas prazas e rúas de Ferrol.

nosos cafés, nosos bares, tabermas…enroladas tripulacions celebrando ás adorabeles derrotas

Comparte

1 comentario en «A Palavra Encarnada, Avril 2022 Ferrol»

  1. Un ano mais, e de novo contra vento en marea, a poesía inconsumible regresa ás rúas da cidade dobrada.
    Necesitamos mais que nunca a axuda de todas e todos.
    O Concello de Ferrol, entre outras cousas non ten diñeiro pra POESÍA.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *