Saltar al contenido
Portada » EUGENIA SANMARTÍN

EUGENIA SANMARTÍN

  • por

Persoa inqueda. 

Artista escénica: música, actriz e directora de  teatro. Tamén autora de algún texto dramático e poemas.  

Na actualidade é parte da banda Maina Materia, con temas de composición propia, ademais de dar concertos en solitario. 

No ámbito teatral profesional está agardando estrear “Atrapadas” (aprazada por mor da Covid); como actriz e co-responsable, xunto a Helga Méndez, da dramaturxia da peza. Unha obra de Teatro Social baseada nas testemuñas de refuxiadas sirias no Pireo no 2016.    

Nos últimos anos dirixiu, así mesmo, varias radionovelas para Radio Fene: “Un Home Estraño”, “O caso de Gustavo Gallego” e “Rosalía, poeta na beira do mar”.  

Nacida no Ferrol, marchou a Madrid con 18 anos e formouse en diferentes escolas de danza e movemento, licenciouse en Arte Dramático na RESAD e iniciouse no mundo da música. Traballando con diferentes compañías de teatro e bandas musicais. A fins do 2014 afíncase en Fene, e ata agora.