Saltar al contenido
Portada » Gaza

Gaza

  • por

 Gaza

Gaza, onde as árbores espantadas piden socorro, as súas ramas temblorosas, ao ceo imploran, raíces atrapadas nun chan de medo, e as súas follas, bágoas dun verde en agonía.

As pedras acoden ao chamado urxente, álzanse en rebeldía contra o silencio, ecos dunha terra que sofre en cada esquina, testemuñas mudas de historias non contadas.

No vento, un queixume de séculos, un berro que atravesa muros e corazóns, a terra chora coa voz dos inocentes, e as súas árbores álzanse, pedindo socorro.

As pedras son gardiáns e testemuñas, xúntanse en coros de resistencia e memoria, forman barreiras contra o esquecemento, e na súa quietude, convértense en berros.

Gaza, onde a esperanza seméntase en cinzas, e cada árbore é un símbolo de loita, as pedras, compañeiras na sombra e a luz, unidas nun clamor pola paz e a vida.

Comparte

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *