Saltar al contenido
Portada » Samuel Paris

Samuel Paris

SAMUEL L. PARIS

Como escritor publica en 2008 o Manual da destrución no Netlabel A Regueifa e en 2012 Inflamable en Edicións Positivas. Durante todo o 2013 escribe e publica un poemario completo á semana no seu blog. En 2015 publica, baixo demanda, 25 poemarios con textos inéditos e exclusivos escritos integramente a man. En 2020 coordina a antoloxía Internacional de Poesía Anarquista, publicada en Edicións Positivas. En 2023 lanza unha serie de novos poemas enviándoos en postais.

En 2024 publica o poemario O único e verdadeiro deus das cousas que están feitas un cristo, de novo con Edicións Positivas.

Ao longo de todos estes anos ten ofrecido numerosos recitais no país e fóra del e participado nos principais festivais e eventos poéticos.

Formou parte de Francamente Cariño, dupla responsable de podcasts como MBA Mal, Novo Novo Cinema Galego ou GAMESA. Na actualidade dirixe e presenta A Catapulta, en colaboración co Salto Galiza, un programa sobre poesía que se emite mensualmente en directo nas canles de Youtube e Twitch de El Salto e que se pode escoitar en formato podcast.

Foi baixista da Terbutalina desde a súa formación ata 2017, publicando sete traballos discográficos coa banda e actuando en centos de concertos. Durante un ano tamén foi baixista en Thee Blind Crows, cos que publicou tres discos.