Saltar al contenido
Portada » ROGER DE FLOR

ROGER DE FLOR

  • por

Sonido y logística  

Rogelio Arias (Fene, 1977), coñecido artisticamente como Roger de Flor, é un músico, cantante, compositor e produtor independente de ampla experiencia contrastada. Dos seus comezos poderiamos destacar La Sociedad Protectora del Hombre Mono ou a banda de rock Bang 74. Xa como Roger de Flor conta coa realización dunha maqueta (“Canciones de amor e retranca”, 2007), catro  discos (“Naturalidad Silvestre”,2009, “El mundo está loco, loco, loco”, 2011, “Roger de Flor presenta aos Silvestres”, 2013, “Apelón”, 2016), 12 videoclips e un documental musical (Naturalidade Silvestre). Inquedo por natureza, nos últimos anos participou activamente en proxectos tan dispares coma Os Peregrinos, cos que grava dous novos traballos musicais coa discográfica Elefant Records (“Canto Peregrino”, 2017, e “Lúa descolorida: Un tributo a Rosalia de Castro”, 2020) e catro videoclips máis, e Strange Mystery Flower, xunto á súa irmá Amparo Arias, proxecto de musicalización de poemas de dous poetas ingleses cos que establece unha potente conexión, William Blake (SMF sing William Blake, 2019) e Lord Byron (SMF sing Lord Byron, 2021), chegando  a facer varias presentacións en Inglaterra. A maiores colabora co certame poético Poesía Salvaxe desde o ano 2014, tanto en facetas loxísticas como artísticas, e participa desde o 2018 xunto á actriz ferrolá Helga Méndez na obra de teatro musical “Ela e Dylan: As Flores Solitarias”, que xira en torno ao universo lírico e poético de Bob Dylan.