FOTÓGRAFO
Uso e utilizo a fotografía para contarme e recoñecerme, como un espello. Como un caderno de bitácora da miña vida. Como di o meu amigo, cosecho as imagenes como mondas de luz usada.
Bolivia, Perú, Chile, e en especial Katmandú, India, O Deserto do Thar, e o Gujarat, e os trece anos da Poesía Salvaxe, son as materias primas, o sal e a pel destas pequenas eternidades que son as fotografías.
?Na vida hai eventos e encontros que son demasiado grandes para poder asimilalos dunha soa vez. Por así dicilo, non deixan de acompañarche. Así como os teólogos din que Deus segue creando o mundo en cada instante, estes encontros sempre están en desenvolvemento?. Giorgio Agamben