Saltar al contenido
Portada » MARINA OURAL

MARINA OURAL

  • por

Técnico en Relacións Públicas, docente e fundadora do primeiro gabinete especializado en Galicia (ATANA, A Coruña 1993-2009). Desde a aldea onde naceu escrebe, dirixe e interpreta os seus textos en proxectos educativos e artísticos con compositoras multidisciplinares: 1faba1vida (Bretaña Francesa, 2012), Juana_Inspiracións_Docencia (Lourenzá/Ribadeo, Premio Luisa Villalta18) e Rosas Negras (Santiago de Compostela, 2020). Xunto a Ugia Pedreira funda a Oficina Galega de Outros Asuntos do Movemento (A Mariña-Occidente Asturiano, 2010), asociación profesional cofundadora da rede Esquina Noroeste (2021_Portugal, Galiza, Asturias e León) e Rede Aldear (Galiza_2020/21, en proceso). Practicante de CI_Improvisation, T. Morfoanalítica e acompañante CI_ABMFeldenkrais.