Saltar al contenido
Portada » Manuel Alonso (Bacalhau)

Manuel Alonso (Bacalhau)

  • por

Aborixe das ribeiras roubadas…Ponte de Caranza, Ferrol

Fillo de marinheiro e trabalhadora da PISBE, mantén a boa costume de cantar, grazas ao ambiente familiar na infancia e a sabia maneira ferrolana de dixerir os caldos que en tabernas e bares ponhían, e que tanto axudaban… a quentar as gorxas, que unha vez templadas, ao ar entonaban as famosas cantadas.

Artesán de instrumentos músicais e cantor, alternou a súa traxectoria músical, colaborando con diversos grupos, proxectos e actuacións en solitario.

Forma parte da creación do Grupo Xarabal de música folk ( Ferrol)

Grava o LP  “Xa non podemos calar” con o grupo Saraibas (S.Sadurninho)

Colabora  con o grupo Cempés en Morban (France)  no CD “Printemps de la cornamuse”

Colabora con Paco Díez no CD “Algo mas que un oficio” (Valladolid)

Colabora no DVD “Terra da Fraternidade” con Xico de Carinho e Norberto (Compostela)

Grava o CD-DVD Sondobar…(Ferrol)

Colabora con Antón Cortizas no Libro-CD “O colo das palabras” adicado a Escola Semente.

Colabora con a Poesía Salvaxe e celebra o “25 de abril Sempre”