Saltar al contenido
Portada » LUIS PASTOR

LUIS PASTOR

  • por

“Os fillos de España” hoxe son os iraquíes, saharauis, afganos, sirios e libios, que seguen chamando ás portas de Europa Son tamén os “náufragos das estrelas”, que se xogan a vida arroxándose ao mar buscando as costas do capitalismo. Pido a paz e a palabra e canto a Miguel Hernández, que aínda neste marzo de 2020 é obxecto de persecución por parte do alcalde Martínez Almeida, que borrou os seus versos e os nomes de 3.000 fusilados das tapias do cemiterio da Almudena.

Pido a paz e a palabra para cantar a Marcos Ana, o Mandela dos cárceres franquistas, que tras 23 anos preso saíu á vida sen rancor facía os seus verdugos

Pido a paz e a palabra para cantar a Lorca, que inmortalizó a “Mariana Pineda”, a muller símbolo da loita de todas as liberdades tan necesarias para todas as mulleres que sofren machismo ou son asasinadas

Pido a paz e a palabra para cantar a Benedetti, poeta próximo, poeta do exilio, tan español como uruguayo, para cantar a Luís García Montero nesa “nube negra” que ameaza o horizonte das nosas vidas

E pido a paz e a palabra para cantar nas miñas letras ao amor e o desamor, á procura da felicidade e a poesía como coñecemento persoal de cada un de nós.

LUIS PASTOR