Saltar al contenido
Portada » Helga Mendez

Helga Mendez

PEL EN FLOR
Máis AMOR
e peles en flor.
Abandona
puños
voces
carnes
erguidos
de IRA.
Habitemos
a primavera.
PEL SEMENTE
Túa pel,
man descalza,
espalla sementes
en terras virxes,
rastros de vidas futuras
que alimentan
de puro osíxeno
o regazo do tempo.