Saltar al contenido
Portada » ESTEVO CREUS

ESTEVO CREUS

  • por

Estevo Creus Andrade (A Coruña, 1971) poeta, ten publicados os seguinteslibros de poesía: Poemas da cidade oculta. Edicións Xerais de Galicia (1996) Areados .Diputación de A Coruña (1996) Teoría do lugar. Edicións de O Castro (1999) Decrúa. Edicións Espiral Maior (2003). Facer merzbau non ouposible? (libro de poesía e videocreación xunto a David Creus). Nonou Edicións (2007) O Libro dos Cans. Fran-Ouren Ediciones (2010) Balea2. Edicións Positivas (2011).O Lugar que non Hai .Chan da Pólvora Edicións (2018).  Gañador de diferentes premios de poesía, como o “Miguel González Garcés”, o  “Fiz Vergara Vilariño” o “Eusebio Lorenzo Baleirón” a súa obra aparece recollida nas principais antoloxías de poesía galega, entre as que se atopan: Defecto 2000. Letras de Cal (1999) a Tribo das Baleas. Edicións xerais (2001) Six Galician Poets. Colección New voices from Europe and Beyonds. Arc Publications (2016). Coordinador e tradutor do libro Dicir unha illa, do IV seminario internacional de tradución poética Illa de San Simón (Dep. Pontevedra, 2017). Membro, xunto a David Creus, do grupo “nonou edicións” impulsa e participa en numerosas accións ao vivo, performances e eventos multidisciplinares. Foi membro do grupo de teatro Talía, do Batallón Literario da Costa da Morte, da Editora de poesía Letras de Cal, da editora Retagarda Edicións, e de “Nonou-Catrineta Edicións en fachada”.