Saltar al contenido
Portada » Deborah Vukusic

Deborah Vukusic

  • por

Nada en Ourense en 1979, é licenciada en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Alcalá e en Arte Dramática pola RESAD. Ten publicados varios libros: Guerra de identidad (2008, 2009 Baile del Sol) que sacou unha nova edición extendida a editorial Delirio (2019) e Perversiones y ternuras (2009). Fragmentos deses libros foron traducidos a cinco idiomas. Colabora en máis dunha ducia de escolmas de poesía e relato e participou en festivais en Croacia, Francia, Italia, Grecia, Ucrania, Colombia ou Brasil. 

Interpretou numerosos papeis en teatro (Monstruación, No es país para coños, Raclette, The Cardenio Project…), cine (La felicidad de los perros, A praia dos afogados, Inevitable, A pesar de todo quérote, Vilamor, Todos os santos, Personal Movie…) e televisión (Método Criminal, El final del camino, Serramoura, Matalobos, Piratas, Luci, O Faro, LEX, La Tira, El Comisario…).

Tamén traballa como reporteira, guionista e presentadora. Presentou e guionizou Máis retranca (2013-2014), programa de humor da TVG. Dirixiu e escribiu Derbi Love: Shakespeare para Hooligans (2015, Radio Marca) unha radionovela adaptación de Romeo e Xulieta, Sorpresa, peza de microteatro de Enconarte Producciones e TOP 10 (2007), un magazine musical para Localia. Codirixiu, produciu e guionizou a serie web Joke Business (2012-2014).