Saltar al contenido
Portada » Chisco Naval

Chisco Naval

Chisco Fdez. Naval

O HOME TRANQUILO

Un poema:

BATER DE SOMBRAS

Un alento escuro 

ás veces vibra

na imprecisión das sombras

É algo que nos posúe

lentamente e sen cólera

unha impresión de ferro

unha teima calquera

a cobiza dun anxo

desprovisto de luz

a pesadez do frío

no interior dunha dúbida

un sorriso ignorado

a negación de ti

Poeta e narrador, traballa os variados ámbitos da escritura: poesía, novela, relato, literatura infantil e xuvenil, ensaio, literatura da natureza e de viaxes, teatro, guións cinematográficos de cine e televisión e artigos en publicacións colectivas, xornais e revistas. Durante anos colaborou semanalmente no Diario de Ferrol. 

Ao nacer xa comezaron a chamalo “Cachalotiño” porque pesaba 5 kg. Aí, en Ourense, comezou a súa relación cos cetáceos, e anos despois decidiu unir a súa vida á Costa da Morte.

O escritor Chisco Fdez. Naval acodiu este sábado ao Bela Fisterra para presentar o seu novo libro. Acompañado polo editor de Bululú, José Duncan, debullou como se crea “Ser Cetáceo”, un proxecto que ten varias décadas detrás, pero que foi retomado hai 7 anos pola insistencia dun amigo.

Abriu esta nova sesión co ciclo Infinito do Hotel Literario o anfitrión Pepe Formoso, que ademais de lembrar outro amante dos cetáceos como Xosé Iglesias (un dos numerosos que non puido estar en pleno Día da Nai), agracedeu todo o que fixo ao longo dos anos Chisco pola nosa terra. De feito, o libro tamén é unha homenaxe á nosa comarca.