Saltar al contenido
Portada » CHEFA ALONSO

CHEFA ALONSO

  • por

Música e Docente Interdisciplinar. (Galicia-Madrid)

É Doutora en Performing Arts pola universidade de Brunel ( Londres) e Licenciada en Medicina (pola U.S.C), saxofonista e percusionista. Compón música para espectáculos

teatrais (máis dunha vintena), poéticos (Matar a Platón, de Chantal Maillard), para performance, danza, poesía e música (Juana_Inspiracións, de Marina Oural), circo (Circo

Interior Bruto, Ao Fío 2011 e 2012), e documentais (Entre dos orillas, de Barbara Meyer e Concha García) e dirixe diferentes orquestras interdisciplinares de improvisado-

res (Orquestra Carníval, Orquestra en Tránsito); traballa para persoas con diversidade funcional (Bailar a auga), ademais de realizar unha importante actividade docente,

tanto en España como en Latinoamérica. Foi elixida como artista polo Centro de Arte Reina Sofía para achegar a arte e a creación a un centro de escolares con discapaci-

dade intelectual, durante o curso 2019-2020. É autora dos libros: Enseñanza y aprendizaje de la improvisación libre.

Propuestas y reflexiones (Al Puerto, 2014) e Improvisación libre. La composición en movimiento (Dos Acordes.