Saltar al contenido
Portada » Anxo Angueira

Anxo Angueira

xo Angueira Viturro naceu en Manselle, aldea de San Xián de Laíño

(Dodro), o 13 de xaneiro de 1961.

Fixo os seus estudos de Bacharelato en Padrón, onde foi alumno de

Bernardino Graña e de Xosé Manuel González Reboredo. Na Universidade de

Santiago licenciouse en Filoloxía Hispánica (Galego-Portugués) en 1984 e

incorporouse ó ensino secundario, onde accedeu á Catedra de Lingua e

Literatura Galega. No ano 2000 incorporouse á Universidade de Vigo como

profesor asociado. Nela obtivo o grao de doutor en 2006 defendendo a tese A

espiral no espello. Bretaña, Emeraldina e o sistema literario galego, logo

publicada en Xerais (2009). Desde o ano 2010 é Profesor Titular do

Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Uvigo.

Como investigador e ensaísta, ademais dos seus artigos de

investigación, normalmente publicados en A Trabe de Ouro, e dos estudos

sobre Xosé Luís Méndez Ferrín (A espiral no espello. Bretaña, Esmeraldina e o

sistema literario galego), vén centrando as súas investigacións nos séculos

XVIII e XIX, na xénese e características do denominado Rexurdimento: Das

copras de Sarmiento aos cantares de Rosalía de Castro. Cara a unha nova

periodización do Rexurdimento (2013) ou Rexurdimento: a palabra e a idea

(2019). Sobre Rosalía, ademais de diferentes artigos e antoloxías publicou as

edicións críticas de Cantares gallegos (2013), Follas novas (2016), En las

orillas de Sar (2019) e La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións (2023).

No ámbito da creación literaria, iniciouse con poesía publicando Val de

Ramirás (1989), accésit do Premio Esquío de Poesía. A esta seguíronlle outras

obras poéticas: O valo de Manselle (Xerais, 1996), Libro da Vertixe (1997), co

que gañou o Premio Díaz Castro, Fóra do sagrado (Xerais, 2007) e Palmeiras,

Piueiros (2021). No xénero narrativo publicou Bágoas de facer illas (Xerais,

1997), gañadora do Premio Café Dublín, Pensa nao (Xerais, 1999), Terra de

Iria. Viaxe ó país de Rosalía de Castro (A Nosa Terra, 2002), A morte de A

(Xerais, 2003) e Iria (Xerais, 2012). Tamén ten dispersos numerosos textos

poéticos e narrativos en obras colecctivas e é colaborador da prensa,

actualmente en Nós Diario.

Do seu activismo cultural e político destaca o ser membro fundador das

Redes Escarlata (2001).

Desde xuño de 2012 preside a Fundación Rosalía de Castro.