Saltar al contenido
Portada » O´Leo, na nosa Palavra Encarnada Ferrol 2023

O´Leo, na nosa Palavra Encarnada Ferrol 2023

Espertar as 14
e pico sen cargha no móbil
carghar o móbil nun pincho
co ordenallo e tirar para vigho
escoitas aos gories
todo marcha
descárghase o ordenallo
ficas soíño
cos teus pensamentos
vénche un poema que di, que che fala
coma se fose unha ra
un membro da
realeza hispánica
vénche un poema que di:
«Galicia, estás aí?
Son eu, o hámster da AP-9
a rata que canta:
Cousa triste,
sómente os ollos dun puto borracho
poden chorarte
chórame os ollos,
xíame, ármame
un enterro:

penetrarte.
enterraranme
penetrándote»
Galicia, fagho do revés
O camiño dO san Brais
conecto o ordenador (chegho A matamÁ)
escribo esta canción (máis ben a transcribo)
polo camiño
acórdame, miro
un sitio en Beade
en que estivera unha vez un domingo
era raro, había fútbol
fixeramos
sendeirismo
as mesas as mesas
dese bar dominical
tiñan un vidro
e dentro había pezas
movidas bizarras
trastos moi loucos
cousas raras
e penso que é iso:
non hai que ser tan guapo coma kerouac
nin tan mintireiro
coma Albert Pla ou Tom Waits nin tan listo
coma Dylan (pronúnciese «dilon»)
que o choio consiste en ser
libre
do libro
e plantarlles cara
aos setecentos mil millóns de pisos
en que morrer
e saber que a vida é isto:
ser libre de estar(en)
En calquera lado calquera domingo
que non é o fetiche
que é o feitizo (feito limpo)
de dicir:
NON
a min non
me marcades o ritmo
a min non me localizades
no gps
a min non me colledes
vivo
vivo

ando os recunchos de ti, Galiza
ese sitio
quE de tanto odialo até lle tes unha lei
como se pode amar
algo ou alguén
que quere quedar
no sitio?
como se pode amar
ou quererlle a un sitio?
a Gallaecia e mais ti
este É un poema de vodas
pra unha noiva sinlugar
endexamais se cansar
de percorrer as curvas
de
Ghaliçia
é coma se mirar
nun espello plural
á beira do abismo…


Comparte

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *