Saltar al contenido
Portada » Nuria Vil, salvaxe e tenra poesía (na Palavra Encarnada Ferrol 2023)

Nuria Vil, salvaxe e tenra poesía (na Palavra Encarnada Ferrol 2023)

estarei espida
baixo a sombra da figheira
canda os sucos da terra labrada
apenas cubertos polos risomas da ghrama

case non saberei sinalar onde estiveron as vides
e o lughar dos animais

verei as ferramentas comestas pola ferruxe

pero tras de min ergheita
camiñará esta sombra das froiteiras
e o noso recordo
a encher a herba fina
onde tamén durmimos
coas pernas abertas
despois das comidas

Boto en falta ir de rave. Simún (Ed. Chan da Pólvora, 2021).

Comparte

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *