Saltar al contenido
Portada » A Palavra Encarnada Avril 2022 FERROL (Galiza)

A Palavra Encarnada Avril 2022 FERROL (Galiza)

Baixo o nome de «A PALAVRA ENCARNADA» NO NOSO INFINITO E VERMELHO AVRIL, convocamos, para que a cidade de Ferrol non perda o colleitado coa poesía salvaxe, os días 22 e 23 do citado mes, a poetas que fagan voar os versos, os poemas, e desdobra a cidade dos guindastres en extinción.

PROGRAMA:

VENRES, 22 DE AVRIL,

ás 17,30h no KIOSKO do Cantón de Molins: recitado e lectura de poemas de combate, en homenaxe ao 50 Aniversario do 10 de Marzo e o inesquecibel 25 DE AVRIL.

COLECTIVO MORAIMA, e os poetas, Antón Cortizas, QUICO CADAVAL, Xosé M. Alvarez Caccámo, Guillermo Ferrandez, Victor M. Diez, Karlotti, Manolo Bacalhao, Eugenia Sanmartin, Helga Méndez,  ITHA K., Iolanda Teixeiro…

Ás 18,30h no ATENEO FERROLÁN:

(MARIA LADO e LUCÍA ALDAO, CARLOS SANTIAGO  e SOL MARIÑO, todos con libros recén editados, fresquiños ou palpitantes inéditos

Ás 22,30h no MANCHITA COSA, lembrando ao CAFÉ  VOLTAIRE. Aquí nos encontraremos todas con todas, DADAndolo todo, palavra sen ley.

Con todas nos a xenerosa Dada  Madriña ITHA K., SUSO EIROA, CARLOS SANTIAGO, SOL MARIÑO e todas as invitadas  a esta salvaxe PALABRA ENCARNADA.

SÁBADO, 23 de AVRIL,

Ás 12,30h no CENTRO CÍVICO DE CANIDO:

Presentado por EUGENIA SANMARTÍN

1º CAIXA BAIXA Victor M. DIEZ

2º PARECÍA (OLAIA PAZOS)

3° SOL MARIÑO

Ás 15h Á táboa os poetas e os seus poemas mais comestibles.

XOSÉ M. ÁLVAREZ CÁCCAMO

Ás 17,30h MAREANDO VERSOS (na lancha de Mugardos pola Ria)

Ás 20h na CUERDA FLOJA, SOL MARIÑO, e Xosé María Alvarez CÁCCAMO, e noso poeta narrador  Quico CADAVAL.

E ca compañía  de AL SUIN, MANOLO BACALHAO e EUGENIA SANMARTIN

E ao longo dos dous días os poemas serán voados polas prazas e rúas de Ferrol.

nosos cafés, nosos bares, tabernas…enroladas tripulacions celebrando ás adorabeles derrotas



Comparte

1 comentario en «A Palavra Encarnada Avril 2022 FERROL (Galiza)»

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *