Saltar al contenido
Portada » VII Semana de Poesía Salvaxe

VII Semana de Poesía Salvaxe

Arrinca en Ferrol a semana máis poética do ano

ARY LÓPEZ | Xoves 24 abril 2014 | 11:31

«Detrás non hai ninguén, diante todos». Así de contundente se amosa Juan Carlos Valle ‘Karlotti’ cando lle preguntan quen pon en marcha a Semana da Poesía Salvaxe en Ferrol. A difícil tarefa de facer realidade un evento que xira arredor da cultura congregando multitude de artistas na cidade naval é obra, fundamentalmente, dos poetas Guillermo Ferrández e Karlotti. O dúo non está só, conta coa «colaboración imprescindible» de Marcos Lorenzo e unha longa lista de persoas e algunhas asociacións culturais, como Fuco Buxán.

Precisamente, estas tres almas pensantes foron os ideólogos dun evento ao través do cal poder manifestar o que a poesía significa para eles, e que celebra este ano a súa séptima edición. Nas xuntanzas mantidas no Club de Lectura, xurdiu «a necesidade de poñer en escena a convicción de que a poesía feita con palabras, ten, na rúa, no pobo, o seu receptor natural». Porque para Karlotti, a poesía «debe ser verdade, beleza e emoción», e desta forma chegar á sociedade.

Nalquel momento tiveron constancia de que, para moitas persoas, «ler é un traballo» e quixeron poñérllelo fácil a aqueles para os que a lectura resulta «un hábito difícil». De modo que, pensaron, lendo eles mesmos a súa propia poesía, poderían «facer chegar as letras a todos e todas, meterse no corazón e na cabeza». Consideran que a ferramenta poética serve «para manter a palabra con vida, recuperala do vacío e do mortal uso que o poder fai dela. O poema fai que a palabra volva á súa frescura, á súa forza».

Pero poñer en marcha unhas xornadas deste tipo require dun esforzo verdadeiramente salvaxe. En canto ao respaldo económico, según Karlotti: «Haino que conseguir coa pura xenerosidade de tódolos poetas que asisten e as doazóns humildes dos cidadáns, ademais da valiosa aportación, por exemplo, dos hoteis que nos fan prezos especiais estes días». «Carecemos da máis mínima subvención», prosigue Karlotti e lembra que nas primeiras edicións atoparon «o apoio incondicional por parte do concello».

Mais agora láiase de que esta iniciativa «está a sufrir a actitude incomprensiblemente agresiva do novo goberno». Sinala que nos últimos anos, a cita sae adiante coa humilde achega de distintos colectivos e pequenos negocios, porque, pola parte institucional, lamentan non recibir resposta: «Por parte do concelleiro de Cultura non houbo o máis mínimo diálogo».

Malia todo, non olvidan que as dificultades levan consigo fortalezas e isto sérvelles para «combater a mediocridade e mezquindade do poder». Porque «a forza e beleza reside nas verdades poéticas e queremos compartilas para resistir e rir nestes tempos novamente escuros».

Karlotti ten claro que a Semana da Poesía Salvaxe é «algo admirado e xa reconocible en Ferrol, que levanta simpatías» e resulta ser «un acontecemento humilde». Considera, ademais, que alén da Ponte das cabras, a iniciativa «consegue poñer a Ferrol no mapa», e faino «por medio da poesía que cautiva, alimenta e nos fai habitar o mundo con dignidade». Destaca que poetas chegados de Extremadura, Madrid, Asturias, Euskadi, León, Portugal e mesmo de Alemaña visitan esta cita «libre e salvaxe».

Programa

Este xoves, comezan os actos da VII Semana da Poesía Salvaxe na praza de Ferrol Vello a partir das 6 da tarde onde lerán un breve manifesto e aproveitarán para lembrar e reivindicar a figura de Ricardo Carvalho Calero. Ás 8, no Cafelito de Gloria, estarán acompañados de Al Vidal e Eli Barrio e ás 11, o Manchita Cosa escoitará un recital poético da man de Günter Heinz, Itha K e Karlotti. Xa arredor das 0.30 horas, García MC, compoñente de grupo de hip hop Dios Ke Te Crew actuará na Sala Super 8.

No mediodía do venres, volve este último xunto a Al Vidal, Eli Barrio e AldaoLado ao mercado. Pola tarde, a actividade será trasladada ao Ateneo Ferrolán e á praza de Canido, onde, a partir das 7, actuarán Roger de Flor, Amparo Arias, Pedro Campos e Estevo Creus, entre outros. O cantante punk Leo i Arremecághona será o protagonista dende as 0:30 horas no bar Cazadores. Unha hora máis tarde, o local Carteles será o lugar para pechar a xornada cunha actuación conxunta de tódolos participantes nesta séptima edición da Semana da Poesía Salvaxe.

O sábado, dende a unha do mediodía, o Cazadores acollerá unha sesión vermú a cargo de Morse (Chefa Alonso e Victor M. Díez).

MARCOS LORENZO:

Antropólogo e economista. Nacido na Coruña en 1970 pero compostelán de adopción. ‘Liquidación de existencias’ é o seu primeiro libro libre e persoal. Con el inagura o xénero aforístico na

comunidade.

O seu facer en tarefas de participación cidadá e xestios economicas-sociais danlle a ssuas manifestacions artisticas unha dimension patafisica e iconoclasta que lle compromete ca contracultura mais

irredenta. Foi redactor dás revistas ANIMA L e OMNIBUS. O último “experimento” de creación, entre a poetica e o ensayo antropoloxico, é Karlotti, UN POEMA CRONICO.

marcosmarcos.JPG

GUILLERMO FERRANDEZ:

GUILLERMO FERRANDEZ

Naceu en Ferrol, no barrio do Inferniño (Ferrol), en 1951.

Escribiu as novelas Conacho, La piedad del invierno, e o seu poemario Las arrugas del tiempo, para que o pasado deixara de amolalo. E un ensayo historico literario sobre a cidade de Ferrol,  A CHAVE INGLESA. a súa única preocupación estética, ética e monotemática é o desarraigo…

guilleryyo.jpg

JUAN CARLOS VALLE “KARLOTTI”:

“A pobreza da posguerra é o territorio da miña infancia. Sempre baixo o signo da Bendita Mala Sorte e das Barricadas Clandestinas: Hebe, Pavos Reais, Feixe e Envés, Pregos de Cordel Valisoletanos,

Cadernos Leoneses de Poesía, Un Anxo Mais, O signo do Gorrión,

Barrio de Marabillas, e libros e antoloxías: Todos de Etiqueta, Isto Era

e non Era, Un Golpe de Dados, Os Infolios, e Todos os Xoves Salvo

a Lúa. E en 2009 publica, de man de FUCO-BUXAN, o libro de poemas

POSTAIS DE FUME.

GÜNTER HEINZ Y ITHA K. GÜNTER HEINZ Y ITHA K. estrenaron juntos en la Bardinale 2012 la performance poético-musical “Postales de Humo”, sobre la base textual de poemas de Karlotti. Su actual proyecto “TÓCAME Y TE RECITO” es un “juego de lenguajes” que pretende disolver el límite entre el lenguaje musical y el poético. La palabra se convierte en música atonal al tiempo que la música habla el sentido.
GUNTER Y VANESSA ok.jpg

GARCIA MC

Forma parte do proxecto musical rapeiro Ghamberros, Colectivo Hip Hop Dios Ke Te Crew, García é un dos seus fundadores. Ata o momento catro traballos discográficos: Xénese 2006, Adianto/Maxi: Chove 2010, Humanose 2011 e Dez 2013. No 2013 reciben o Premio ao mellor Proxecto Musical na Categoría de Hip Hop e músicas urbanas dos I Premios Galegos da Música.

Participa activamente tanto en Dios Ke Te Crew como no proxecto de «Foliada Rap and Punk» Labregos do Tempo dos Sputniks,

Recentemente edita ABAIXO E DE PÉ (García Mc. VIR. 2012) “Rúa arriba e rúa abaixo faise o camiño” di  o García,arredor da alegría e o amor, do sangue e de Chiapas que influencia claramente o seu último traballo.

garcia mcokok.jpg

MARIA LADO Y LUCIA ALDAO

++ aldaolado

Lucía Aldao e María Lado levan xa case cinco anos paseando os seus recitais-espectáculo pola xeografía galega e exterior, e mesmo presumen de ter recitado no Instituto Cervantes de Berlín. Estreáronse con Onde estea un cubata que se quite un soneto e recuncaron sorprendidas polo éxito con Moita poesía, pouca diversión. Como poetas, cada unha delas ten un longo currículum do que basta dicir que a Lucía Aldao conta no seu haber varios dos máis importantes premios de Galicia e o libro Unha ducia máis un. E  María Lado publicou catro poemarios individuais: A primeira visiónCasa atlántica casa cabaretBerlínNove e AmantesALDAO LADO okok.jpg

RAMIRO VIDAL ALVARINHO

Ramiro Vidal – Nascim em Ferrol em 1973, no seio de umha família operária; concretamente sou filho do êxodo rural da década de setenta, como muitos dos meus companheiros de geraçom. O meu pai e a minha mae som da mesma zona, da paróquia de Mántaras, em Irijoa. A diferença é que o meu pai já mudou Mántaras por Ferrol tendo meses de vida (ainda que passando os veraos em Mántaras) e a minha mae emigrou sendo adolescente à mesma cidade para servir numha casa. Mas de facto foi nas festas de Mántaras que os meus pais se conhecêrom.

A minha infáncia transcorreu entre dous bairros operários: o Alto do Castinheiro, em Narom e Carança, em Ferrol. Os últimos anos da minha «etapa ferrolana» estám bastante marcados pola estampa das mobilizaçons operárias em protesto contra a reconversom naval de meados de oitenta (um processo bastante traumático e devastador para a comarca de Trasancos)

PODEDES CONTINUAR LENDO A CONVERSACIÓN COMPLETA AIQUI: DIÁRIO LIBERDADE

O´LEO

Naceu en 1974 en Vigo e é de Matamá. Marchou coa maioridade para Compostela e alí comezou a escribir e a facer cancións e teatro. En 1998 publica o seu primeiro disco, Suspiros de Kaña, e abre a Xira Escribe música para o teatro nas compañías Matarile Teatro, A Factoría Teatro e Berrobambán.  

Dende fai un tempo leva por todo Galiza Espectáculo Multimerda, Hai cu. Pintadas no báter.  
O LEOokok.jpg

PEDRO CAMPOS

Pedro Campos, a pesar da súa curta idade, xa tivo tempo de gañar nos anos 2011 e 2012 o certame literario da súa vila, o Ramón Martínez López, e quedou tamén en segunda posición no certame Xela Arias (A Guarda). Polo de agora, publicou o poemario Hipóteses, teoremas, drogas, estados de ánimo e outros remedios naturais para combater a tose» polo IES Praia Barraña, e en La Voz de Galicia o relato «Cando les un destes libros» E a segunda volta que esta con nos na POESÍA SALVAXE.PEDRO CAMPOS 333okok.jpg

ROGER DE FLOR e AMPARO ARIAS:

«Roger de Flor é un músico, cantante, compositor, productor e, ata por momentos, director e actor dalgúns dos seus videoclips, que é representante dunha nova fornada de creadores galegos de principios do S.XXI».roger y hermanita (pequeña).jpg

AL VIDAL Y ELI QUARTIER

Elicio Barrio, alias “Eli Quartier”. Acordeón. Hijo y nieto de acordeonistas ha estudiado a fondo el legado de músicos como Gus Viseur y Jo Privat y es uno de los pocos especialistas de vals musette en nuestro país. Además de su trabajo en 3 Gatos SwinG, mantiene junto a su padre un espectáculo de música bailable.Ha grabado varios discos de música popular.

AL VIDAL

León, España. (guitarra) Estudia guitarra de jazz con el guitarrista Steve Brown y percusión con Tata Güines. Cofundador de Barrio Húmedo- con  el que gana en 1973 la X edición de la Canción del Mundo Celta- y Chácara con el que representa a España en el XI Festival de la Juventud. Cofundador de los grupos de jazz Combo de Sara y Majataba Hermanos. Director del espectáculo de música e imagen Musulmanía. Colabora EN teatro Corsario. Cofundador del grupo Cohíba y  de Yayabo. AL-Y-ELI.jpg

MORSE (CHEFA ALONSO Y VICTOR M DIEZ)

Nacín en Coruña. Estudei música e medicina,

Toco o saxo soprano e a percusión miúda. Toquei en festivales internacionais de free jazz en Alemania, Rumania, Austria, Suiza, Francia, España, Inglaterra, Brasil. Sen Rede, cuarteto de poesía e música improvisada, Uz, trío de ventos de jazz, e Dadajazz. Pertenzo a FOCO (orquesta da asociación Musicalibre),a OMEGA (Orquesta de Música Espontánea de Galicia), e o dúo co poeta improvisador Víctor M. Díez, Morse, co que presentamosNegro, Un Espectáculo Criminal.

VICTOR M. DIEZ

Poeta. Nacido en León en 1968. Obras: Evaporado va, Oído en tierra,

Voz fuera de campo, Ser no representable ou Circo varado.

Colaboración con músicos (SIN RED, cuarteto de improvisadores), grupos de teatro.  Su poesía se sitúa en un punto en que la palabra deja de decir para ser música, y a la vez el sonido parece que nos quiere decir algo como si fuera palabra”

ES PARTE PERMANENTE Y VITAL DE LA SEMANA DE POESÍA SALVAXE.chefa y victorokokok.jpg

:

FERROL 1916

Cinco duros pagábamos de aluguer.

Era um terceiro andar, bem folgado.

Pola parte de atrás dava para o Campinho,

e por diante para a rua de Sam Francisco.

………

Ainda vivia minha mãe

e todos os meus irmaos viviam,

e em frente trabalhava o senhor Pedro o tanoeiro,

e a grande tenda de efeitos navais mantinha o seu trafego.

 ……..

Via o mar da minha fiestra,

e chegavam cornetas da marinha.

E baixava os degraus duas vezes ao dia para ir à escola,

e duas vezes rubia-os de volta.

…………

Eu tinha un pacto con Deus:

que ninguén dos meus morreria.

E o pacto era observado,

e eu confiaba na perenidade do pacto.

Todo isto fica tam longe

que aduro podo ainda lembrá-lo.

Esqueceria-o dentro de pouco tempo

se non escrebese estes versos.

todxs xs participantes cos versos in-versos :

y todos, AL VIDAL, ROGER DE FLOR, MARQUES DAS VIÑAS, GÜNTER HEINZ, ITHA K., KARLOTTI, GUILLERMO FERRANDEZ, ESTEVO CREUS, CRISTINA FERNANDEZ, JUAN MANUEL ALVAREZ, ELI Z, RICARDO LEDO, PABLO PORTERO, RAMIRO VIDAL ALVARINHO

FERNANDO NAVEIRAS, JUANA CORSINA…

VICTOR M. DIEZ

LUCIA ALDAO Y MARIA LADO

MORSE

AL VIDAL Y ELI QUARTIER

GARCIA MC

ESTEVO CREUS

GÜNTER HEINZ & ITHA K.

O´LEO

PEDRO CAMPOS

Comparte

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *